5 nov 2012

Capítulo 7.- Cancelas ao mar?..- Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.



Cancelas ao mar?

Ulía a mar, escoitábase o mar, mais non se viu. A beira, permanecía oculta tras balados de opulencia, reixas de pau de sanguiño que secuestran da mirada o fermoso camposanto de vermellos ósos de corais fondeados en sirope de mora.
De cana son os muros, os teitos e as reixas... Por entre o furado rete, se miran letreiros: sheraton, hilton, resorce, guantanamo, carabanchel, a modelo, herrera de la manchan, caceres II, alcalá meco, porto de santamaria...  Cancelas ao mar?.
Nos carreiriños estreitos deste patio de maco, os  gordo-lampiños, rañan e pretan a caluga tentando saír do labirinto de pasións, confían nas ridículas pulseiras que portan, dispostos a todo con tal de fornearse ao sol... mentres,  un dedal de suor se precipita no seu ombrigo mol.

Os presos de conciencia, camiñamos longa distancia, rodeando a prisión do mar....  invisíbel,continua, tanxible,sen fin.
Chegamos... a avenidas inconclusas, a estradas de cartolina, a fontes de papel albal, as beiraruas trazadas con xiz. Onde...  pequenos homes fan xigantes castelos de area, foxos, almeas e torreóns con pás,angazos, caldeiros e buldozers CAT mercados nos chinos. Papan e papan as entrañas da terra, coma se nada.... Cancelas ao home?.

Por fin, nun recuncho ábrese unha fenda no decorado  irreal, un camiño de pedra por onde chegar ate o mar chamado Baḥr al-Aḥmar... Malecon de cimento, rapaces pescando e saltando ledos entre paralelípedos made in germany,   superposta escea do retorno a Arcádea do cadro de Eakins. 


Os pes móllanse no pilón bíblico, bisbeseando algún rezo por se as moscas, mais al-Baḥru l-’Aḥmar  incrédulo non se retira, non se baldeira, permanece preguntándose quen o busca, quen o acariña, quen di unha vez mais verbas sen sentido.
Mentres cae a noite, mergullámonos atravesando dun chimpo esta fronteira do imposíbel. Inmersión, na cunca do lacrimal do deserto, na borrosa imaxe creemos albiscar tormentosas figuras, corais como toxos secos repousando na eira  do mar, cunchas coma castañas no souto de poseidón, espiñas de peixe azul coma as silveiras do vrao. Ascensión, azul propano, calidoscopio de papel de agasallo.
Na beira o vento trae cousas, e o mar as devolve,e fai bandeiras coas nosas pernas. E dí, marchai de eikiiii, diiii, fiuuuuuiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Sal no pelo, seda e vento.....



Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

fala