9 jul 2012

Capítulo 6.- Febre e calor.... a partida e ao mencer..- Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.




Abandoar a urbe, dirixirse a onde un queira, é un patético privilexio... atras quedan os que sen acritude   nunca sairan dalí..

Ao recoller, sempre sobra algo...

Alí quedou o exceso de equipaxe, a albarda  inutil sen pan de elfo, o saquiño cheo de incertidumes e necesidades, identidade e chaves da supervivencia,  papel mollado nesta terra arida.

O autobus tómase coma unha dilixencia ao asalto,  coa ansiedade de non caer baixo os cascos dos cabalos. 

Vira en redondo, serpenteando as corredoiras de chapapote;  a sua sombra percorre todas as horas do sol, ate que por fin o tobogan nos enfía cara o sur.  

Sentados, soñamos, sentíndonos peixes de acuario,  bicando o vidro, debuxando xeroglíficos co bafo, preguntándonos polo mar... Aló adiante, un comerciante ruso xoga ao tetris, mentres ana karenina  sorri, e fala por teléfono amodiño co seu amor segredo  .
Os Miranetes pérdense a toda velocidade; tanta, que as chabolas semellan so cartóns poirentos e efimeros ao paso do armatroste. Todo se perde, todo quedou atrás...  as miradas, o ruido, as ruas ateigadas.. Todo?

Entón, case sen transición, aparecen sombrios cuarteis que se apostan a ambos lados da mutante estrada, "a cidade estaba sitiada” e nos !sen sabelo!"... Tanques, radars, garitas, tendas, uniformes, que rouban o horizonte e o tingen de caqui. Títeres infantes  vestidos de deserto, limpan o arma, miran con inocencia e falan de futbol a berridos, silenciados so
co traqueteo afónico do motor.

A paixase se define, se enfoca, ven cara nos: pedras, area, deserto, so falta o león para ser un cadro de rousseau. Nos persegue o horizonte mentres nos perseguemos as montañas;  equidistantes,  inalcanzabeis, segredas rutas dorsais dos moinantes,  mulas rubindo os penedos con  sacos de cor bermella, especias e un corán vello.  

E nos, bulimos sobor da achanzada  alfombra persa; negra, escura coma a noite, tendida sobre a quente area...

Parada e fonda no medio da nada, nun oasis decadente, nunha encrucillada inimaxinable. Caminhos da ruta da seda con lamparos de combustible,  po en suspensión atrapado polos dentes, camellos de ferro a gas-oil, palmeiras de lona, datiles de goma, beduinos perdidos, haimas de folla de lata, espacio medieval, onde a noite borra os caminhos e o día castiga ao solitario.

Entre lusco e fusco retomamos  camiño,  guiados polo olor da salitre, viaxamos no medio dunha  xeometría total, das lineas, dos ángulos, das
paralelas que continuan  ate o infinito; tiralineas de oleoductos que bombean marmelo de chapapote, pebeteiros aceirados que sinalan a costa, faros de fermosas lapas azuis que iluminan xa a noite, fume nejro que ascende endemoniado... As ultimas cidades ao paso, son simpres mentiras do mapa, adobes de  bermello, tapiz de azul  e  marelo, pobos pra durmir sen soños.

Hurghada, fin do traxecto. Decadencia das  ialmas embutidas nun "short", aloxadas en "resorts", lamendo "fast food" no aren de sultáns con colesterol  e sherezades  loiras,  zoco de chakaisfaquires famentos con serpes de trapo

A  cidade-espexismo, sepultou as ruas poirentas da realidade, alonxámonos deprisa, acamiñamos no laberinto invisibel do pasado, percorremos as escuras ruas sen nome. A cegas, guiados unicamente polo olor, ..topamos  unha tenue luz, benvida que se avivava coas falas e as risas..

O mar permenece oculto, afastado, engaiolado por cemento e metraquilato. Mais escoitar escoitase, ao lonxe...


Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria
 


2 comentarios:

fala