Cancelas ao mar?
Ulía a mar, escoitábase o mar, mais non se viu. A beira,
permanecía oculta tras balados de opulencia, reixas de pau de sanguiño que
secuestran da mirada o fermoso camposanto de vermellos ósos de corais fondeados
en sirope de mora.
De cana son os muros, os teitos e as reixas... Por entre
o furado rete, se miran letreiros: sheraton, hilton, resorce, guantanamo,
carabanchel, a modelo, herrera de la manchan, caceres II, alcalá meco, porto de
santamaria... Cancelas ao mar?.
Nos carreiriños estreitos deste patio de maco, os
gordo-lampiños, rañan e pretan a caluga tentando saír do labirinto de pasións, confían
nas ridículas pulseiras que portan, dispostos a todo con tal de fornearse ao
sol... mentres, un dedal de suor se precipita no seu ombrigo mol.
Os presos de
conciencia, camiñamos longa distancia, rodeando a prisión do mar.... invisíbel,continua,
tanxible,sen fin.
Chegamos... a
avenidas inconclusas, a estradas de cartolina, a fontes de papel albal, as
beiraruas trazadas con xiz. Onde... pequenos homes fan xigantes castelos
de area, foxos, almeas e torreóns con pás,angazos, caldeiros e buldozers CAT
mercados nos chinos. Papan e papan as entrañas da terra, coma se nada....
Cancelas ao home?.
Por fin, nun recuncho ábrese unha fenda no decorado
irreal, un camiño de pedra por onde chegar ate o mar chamado Baḥr al-Aḥmar...
Malecon de cimento, rapaces pescando e saltando ledos entre paralelípedos made
in germany, superposta escea do retorno a Arcádea do cadro de
Eakins.
Os pes móllanse no pilón bíblico, bisbeseando algún rezo
por se as moscas, mais al-Baḥru l-’Aḥmar incrédulo non se retira,
non se baldeira, permanece preguntándose quen o busca, quen o acariña, quen di
unha vez mais verbas sen sentido.
Mentres cae a noite, mergullámonos atravesando dun chimpo
esta fronteira do imposíbel. Inmersión, na cunca do lacrimal do deserto, na
borrosa imaxe creemos albiscar tormentosas figuras, corais como toxos secos
repousando na eira do mar, cunchas coma castañas no souto de poseidón, espiñas
de peixe azul coma as silveiras do vrao. Ascensión, azul propano, calidoscopio
de papel de agasallo.
Na beira o vento trae cousas, e o mar as devolve,e fai
bandeiras coas nosas pernas. E dí, marchai de eikiiii, diiii,
fiuuuuuiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
Sal no pelo, seda
e vento.....
Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria