18 jun 2012

# cadro 7, # Naffarroagallaequia, autor noranuka, oleo sobre lenzo.

11 jun 2012

Capitulo 5.- Medo.- Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.



Cruces da discordia erguéndose fachendosas sobre as torres de Al-Muallaga. Alfabetos coptos labrados cos trenchazos da verdade sobre as duras taboas do cipres, xambas de fina marquetería de Damasco,  incrustacións  espetadas en barolento marfil.

Bóvedas de bocoi de  viño, artesoados de caoba e oliveira, lamparas de quincallería, cangos e  ripias en xeometría imposible. Camaras protexendo ao crucificado, ao torturado, ao que mira de esguello a punta na man,  a quen contempla extasiado a lúa bermella, a fouce sen herba, a morte mol. As velas tintilinean co aire dos rezos, co suspiro das lembranzas, co vento ao marchar.. 

Coches , motos e cabras de xitanos..  Ciruxanos de mans pequenas con  tisne e graxa, selecionan con rigor as chaves de cromo vanadium, remexen nos bosques de Arbores de levas. Capos abertos e  valvulina pingando.... .  


Camposanto da guerra mundial, americanos durmindo o soño eterno, coches queimados a modo de epitafio.


Militares sorben  manzanilla e sorrín, miran a tele e sorrín,  xogan coa sua arma entre os dedos e sorrín... 

Nenos e nenas, cantan tristes cancións que falan de chuvias e esmolas; pícaros que bailan  sen saber quen é esa Carolina nen porque o lagarto dalle ao rabo; rapaces  en rebunbio e procesión;  collage de miradas, de  caras limpas,  de caras de medo...
Un extranho sae ao paso  disparando  a milana bonita,  espantando  aos estorniños, matando as torcuaces..

Fuximos xa¡¡¡, entre a cidade e as suas invisibeis  fronteiras, camiñando a sombra das arcadas do reseco acueducto,  bebendo  nas pedras de auga  que separan aos fillos do "grande" dos fillos do "unxido", dos orfos do "buda", sentados ao pe dos muros da diferencia, portando sempre a espada e a fror.... 



Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria