31 ene 2012

Cap 1- Confianza. Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.

Capítulo 1.- Confianza.

O vento de cola os empuxaba, coma a un avión de papel ao que compre animar pra que voe... fiuuuu... fiuuuuu.....

Coa intensidade propia das falas atrasadas, dos contos e soños sen final, chegaron sen percatarse a cidade do kaos e da fenda, do rio e da xunqueira, da folladelata e da area ...

Dende o buraquiño do frigorífico alado, mirábase un arbol de navidade abatido sobre a escura terra. Miles de luceiros agónicos, tintilineaban na escuridade; tizóns das cacharelas da miseria, avivándose na chimenea do vento  da resignación; escoria de mil cimatarras forxadas, cuspen charamuscas a golpe do ferro do olvido.


No gran salón aeroportuario, estamos flanqueados por celosias de prástico, por ringleiras de xente que ansian flanquear o arco de metal, o detector de intencións. 

Vixilando están os nenos, nenos guardiáns da terra arida, nenos que xogan a traidores apostados tras a linea absurda da fronteira; nenos de uniforme de fieltro e escopeta de corcho-pan, nenos escrutando a singularidade de cada viaxeiro. 

Señores de enrugadas batas, señores nos rebaños de sombrios xornais e teléfonos moviles, señores que buscan enfermidades invisibeis, señores que respiran inundando o naris coma seguindo un rastro, señores en cuarentena de apariencias.

Un Bostezo nos axuda a cruzar.



Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria

# cadro2: diferentes & iguais, version 2 autor noranuka, oleo sobre lenzo 2011

# cadro2: diferentes & iguais, version 2 autor noranuka, oleo sobre lenzo 2011






#cadro1, Els Quatre Gats, autor noranuka, oleo sobre mesa de ikea

#cadro1, Els Quatre Gats, autor noranuka, oleo sobre mesa de ikea
detalle
detalle II
detalle III