Abandoar
a urbe, dirixirse a onde un queira, é un patético privilexio...
atras quedan os que sen acritude nunca sairan dalí..
Ao
recoller, sempre sobra algo...
Alí quedou o exceso de
equipaxe, a albarda inutil sen pan de elfo, o saquiño cheo de incertidumes e necesidades, identidade e chaves da supervivencia, papel mollado nesta terra arida.
O autobus tómase coma unha dilixencia ao asalto, coa ansiedade de non caer baixo os cascos dos cabalos.
Vira en redondo, serpenteando as corredoiras de chapapote;
a sua sombra percorre todas as horas do sol, ate que por fin o tobogan nos enfía cara o
sur.
Sentados, soñamos, sentíndonos peixes de
acuario, bicando o vidro, debuxando xeroglíficos co bafo, preguntándonos polo mar... Aló adiante, un comerciante ruso xoga ao tetris, mentres ana karenina sorri, e fala por teléfono amodiño co seu amor segredo .
Os Miranetes pérdense a toda velocidade; tanta, que as chabolas semellan so
cartóns poirentos e efimeros ao paso do armatroste. Todo se perde, todo quedou atrás... as miradas, o ruido, as ruas ateigadas.. Todo?
Entón, case sen transición, aparecen sombrios cuarteis que se apostan a ambos lados da mutante estrada, "a cidade estaba sitiada” e nos !sen sabelo!"... Tanques, radars, garitas, tendas, uniformes, que rouban o horizonte e o tingen de caqui. Títeres infantes vestidos de deserto, limpan o arma, miran con inocencia e falan de futbol a berridos, silenciados so co traqueteo afónico do motor.
A paixase se define, se enfoca, ven cara nos: pedras, area, deserto, so falta o león para ser un cadro de rousseau. Nos persegue o horizonte mentres nos perseguemos as montañas; equidistantes, inalcanzabeis, segredas rutas dorsais dos moinantes, mulas rubindo os penedos con sacos de cor bermella, especias e un corán vello.
E nos, bulimos sobor da achanzada alfombra persa; negra, escura coma a noite, tendida sobre a quente area...
Parada e fonda no medio da nada, nun oasis decadente, nunha encrucillada inimaxinable. Caminhos da ruta da seda con lamparos de combustible, po en suspensión atrapado polos dentes, camellos de ferro a gas-oil, palmeiras de lona, datiles de goma, beduinos perdidos, haimas de folla de lata, espacio medieval, onde a noite borra os caminhos e o día castiga ao solitario.
Entre lusco e fusco retomamos camiño, guiados polo olor da salitre, viaxamos no medio dunha xeometría total, das lineas, dos ángulos, das paralelas que continuan ate o infinito; tiralineas de oleoductos que bombean marmelo de chapapote, pebeteiros aceirados que sinalan a costa, faros de fermosas lapas azuis que iluminan xa a noite, fume nejro que ascende endemoniado... As ultimas cidades ao paso, son simpres mentiras do mapa, adobes de bermello, tapiz de azul e marelo, pobos pra durmir sen soños.
Hurghada, fin do traxecto. Decadencia das ialmas embutidas nun "short", aloxadas en "resorts", lamendo "fast food" no aren de sultáns con colesterol e sherezades loiras, zoco de chakais, faquires famentos con serpes de trapo.
A cidade-espexismo, sepultou as ruas poirentas da realidade, alonxámonos deprisa, acamiñamos no laberinto invisibel do pasado, percorremos as escuras ruas sen nome. A cegas, guiados unicamente polo olor, ..topamos unha tenue luz, benvida que se avivava coas falas e as risas..
Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria