29 may 2012

Capitulo 4.- Perfume.- Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.



Mercado, parapeto de vida  interposto entre a realidade e a oración.

Patchoulí, canela, xazmín, flor de loto, comino negro e sándalo. Tres pingueiras ao redor da cara para a caída dos primeros medios do amor; unha detrás de cada orella perfuman a felicidade esquencendo a dor putrefacta, e a terceira na fronte, un agasallo da inmortalidade. Mentres, a man sudorosa, preta un frasquinho de boi almizclero, co olor a carabans do deserto.



Chait baladi, escuro nectar de te cunha poliña de herbaboa frotando. Risas e mofas dos barbados atentos ao sortilexio de fichas que corren dentro dunha caixa de madeira, o backg-ammon, ou o xogo segundo conta o libro dos mortos, que terás para non te aburrir na ludopática eternidade. 


Mentres rolan os dados, un home bambolea alegremente o botafumerio entre o bosque de pernas,  afumeando a realidade, portando un penetrante olor a soidade. O incienso, bule, medra, revira e ascende lentamente en bolutas que semellan falar.



Lixo. Ghatos, e mais ghatos. Felinos bereberes, bermellos e atrigados; estatuas de veludo  remexendo no lixo,  branquias  de pescada berrando, escamas de prata murchia, espiñas e moscas.




Casas soterradas no tetrapack, no tetrabrick,  trincheiras de merda, vidros de esmeraldas esnaquizadas. Pedras bonitas, redondas, labradas, afogas no ollin.
Rapaces sorindo de marcha pra escola, bicos furtivos pra as suas nais ocultas.




Mezquita. Sombria entrada de homes, sen mulleres. Contas de madeira, capitulos recitados da vida vivida. Pes descalzos camiñan polo marmoreo chan ate a alfonbra mullida, onde reciben o unguento de cores, de  debuxos fractais percorridos por mil pasos dubidosos na oración. Luz cenital, que vela polo home postrado. Mulleres sen rostro, persoas atrapadas nas estreliñas de madeira da celosia .


O pingar monotono da billa latonada con forma de león, racha obscenamente o silencio, a quietude da filigraba, refrescando a soedade das ablucións antes do Salat. Forá os rapaces apedrean aos infieis mentres rien a cachón..




Na freguesia de Ibn Tulun, millons de ladrillos apilados cerran o espazo,  libros de terra e palla  colocados con minuciosidade para evitar a entrada do tempo;  murada que permite só o lento camiñar sobre o adarve nun camiño de ronda sen fin; portas e mil portas costreñidas nos arcos apuntados, portas abertas ao espazo sen espazo. Tras os muros, o miranete petreo é unha  cuncha de molusco, pola que escalar ao ceo pra falar con muhammad. 



A cupula atómica coroada pola lua, vixia o centro do patio; ao lonxe, tupídos bosques de  parabólicas o  escudriñandono todo.... 







Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

fala