18 may 2012

Cap 3- Alí pedras. Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.


Sombra alongada dun perfecto ápice na chaira poirenta. Pedras, montos e montons d'ialmas amoreadas baixo d'elas. 

Petoutos, pandullos, cons, areias, erosión e trasmutación da materia. 
Cenotafio onde nada quedou do morto soterrado, mastaba daquel que nada fixo. 
Aos pes dos xeométricos poliedros, na arista aserrada, atópase unha aldea poboada de nenos e nenas, de cabalos e burros, de homes e mulleres con cara de faraón. 

 
Alí viven, gardando o túmulo alimentario, cheo de viño e mel, na espera do banquete mais feliz e frugal... 
Alí mirando unha e mil veces esa forma petrea, inconcebible, esa realidade lonxana da veneración e da memoria. 
Alí inmovilizados polo son do  vento zoando entre as fendas. 
Alí cos que durmen sen esperanza,  cos que se negan a ser unha antiga historia. 


Alí un neno-principe atravesa a galope a aldea de barro e chamizo, beilando orgulloso enriba dun cabalo sudoroso; sorrindo sen atisbo de medo.



Alí un ferreiro-vello, argalla na penumbra da fraga, tuse entre charamuscas, cavila   no soterrado taller,  se axeonlla na anonima praza  ante as poutas da besta, contrue as ferraduras da sorte dos demais.

Alí un home-rapazaz, conta a hestoria da sua vida, comparte tabaco e fume, fala de cosas de alí e de alá.



Alí están, convertidos en po e vento do deserto, en mausoleo de desesperación. Alí acechando. Alí esperando tamén ao barqueiro

Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

fala