#cadro4, nada empeza nun momento preciso, autor noranuka, oleo sobre tella
19 mar 2012
Cap 1- Confianza (sigue). Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.
Cap 1- Confianza (sigue).
Ningén permanecía na nosa espera, nas escadas, so había policias e buscavidas amabeis que nos miraban con sorpresa.
Tíñamos que marchar, é un servo dos descendentes de Amenemhat I saliunos co seu Taxi ao paso, sen pensalo detidamente rubimos ao desvencellado coche, e aló fomos, sorteando caminhos e barreiras, adentrándonos nun angosto labirinto. Alleos ao minotauro, imos velozmente cara a cidade de Al-Qahira, que xa se adiviña.
Ningén permanecía na nosa espera, nas escadas, so había policias e buscavidas amabeis que nos miraban con sorpresa.
Tíñamos que marchar, é un servo dos descendentes de Amenemhat I saliunos co seu Taxi ao paso, sen pensalo detidamente rubimos ao desvencellado coche, e aló fomos, sorteando caminhos e barreiras, adentrándonos nun angosto labirinto. Alleos ao minotauro, imos velozmente cara a cidade de Al-Qahira, que xa se adiviña.
A fala deste noso paxe, confúndese co traqueteo da tratalana; conversas nun babel primitivo,
frases feitas ao xeito da fala dos indios da tele, preguntas xurdidas do dicionario
de man deste mundo globalizado. Dentro fume, música
raïe unha atmosfera hipnóptica tecida cos destellos procedente das luces da avenida.
Percorrido infrutuoso nos intersticios da urbe, desesperada busqueda, conversas babélicas; portas fechadas, fuxida da realidade, fracaso e suicidio das regras da
confianza, afogo da nosa grande e estúpida
arrogancia.
Agora o noso paxe, é o noso rei, e nos os súbditos que durmiremos de pe.
Agora o noso paxe, é o noso rei, e nos os súbditos que durmiremos de pe.
O
vehículo detense fronte a un edificio de
pan rallado e cinza de puro, de ascensor de cadaleito e guarida de ladróns, de
habitacións de frenopático vello, e nenos vestidos con librea.
A cidade
esperta xa, unha sinfonía de chiflos nos dan a súa benvida. Dende a penumbrosa
cela, contémplase a beirarua onde se ergue unha grande estación de trens, onde
míranse nenos-termita recolectando despoxos de opulenta folladelata.
Derepente, pasa un home bamboleando unha táboa
na súa cachola, sobre ela maxicamente transporta seis moletes bolechiños, sen
importarlle muito ir conducindo unha
bicicleta.
31 ene 2012
Cap 1- Confianza. Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.
Capítulo
1.- Confianza.
O
vento de cola os empuxaba, coma a un avión de papel ao que
compre animar pra que voe... fiuuuu... fiuuuuu.....
Coa
intensidade propia das falas atrasadas, dos contos e soños sen
final, chegaron sen percatarse a cidade do kaos e da fenda, do rio e
da xunqueira, da folladelata e
da area ...
Dende
o buraquiño do frigorífico alado, mirábase un arbol de navidade
abatido sobre a escura terra. Miles de luceiros agónicos, tintilineaban na escuridade; tizóns das cacharelas da miseria, avivándose
na chimenea do vento da resignación; escoria de mil cimatarras forxadas, cuspen
charamuscas a golpe do ferro do olvido.
No gran salón aeroportuario, estamos flanqueados por celosias de prástico, por ringleiras de xente que ansian flanquear o arco de metal, o detector de intencións.
Vixilando están os nenos, nenos guardiáns da terra arida, nenos que xogan a traidores
apostados tras a linea absurda da fronteira; nenos de uniforme de
fieltro e escopeta de corcho-pan, nenos escrutando a singularidade de
cada viaxeiro.
Señores de enrugadas batas, señores nos rebaños de sombrios xornais e teléfonos moviles, señores que buscan enfermidades invisibeis, señores que respiran
inundando o naris coma seguindo un rastro, señores en cuarentena de apariencias.
Un
Bostezo nos axuda a cruzar.
Do Texto Chaid Baladi .. ou a hestoria curta dunha viaxe curta que ainda non rematou.Fran del Buey – Cándido Soria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






